Desaconsellan o baño na praia do Portiño, na Coruña, por contaminación
Con este cartel as autoridades informan os bañistas de que no último control rutinario nesta praia do Portiño detectaron unha contaminación temporal na auga e recoméndanlles non zambullirse. Porén moitos fan caso omiso. "Eu non coñezo a ninguén que enfermera pola contaminación desta auga e isto xa vén de vello. Eu mesmo voume bañar", asegura un usuario.
Amáis, nesta zona os mariscadores andan á procura de percebes, polbos e nécoras. "Non deberían vir, pero eles veñen igual", explican na praia.
Din que un cartel non é suficiente para informar do estado en que están estas augas. "Por poñer ese papel... Aquí si vemos que fan análises, pero despois ninguén non informa de nada", comentan.
A do Portiño non é a única praia da Coruña que sofre este problema. A finais de xullo, neste areal de San Amaro tamén se desaconsellou o baño. Días despois as análises xa revelaban que as augas volvían ser aptas.