CRTVG

Buscar

Derrúbase unha casa en Monforte pouco despois de saír os seus moradores

Publicado o 03/05/2019 13:35

Un novo derrubamento nunha casa de Monforte de Lemos deixa sen vivenda as dúas persoas que a habitaban. Trátase dun edificio levantado nos anos trinta e formado por dúas plantas e un faiado que estaba construído maioritariamente en barro. É o terceiro edificio que cae neste barrio en pouco tempo.

Esta mañá as vidas das dúas persoas que ata onte habitaban este edificio eran un escaparate para quen pasaba por diante da casa, mentres os operarios trataban de ila desmontando.

Aquí vivían unha muller de 104 anos e o seu sobriño, que empezaron a escoitar un ruxido forte, chamaron a Policía Local e esta aconselloulles marchar do edificio por se acaso había derrubamentos.

Meu dito, meu feito. O xoves parte da vivenda derrubouse, pero os habitantes xa foran evacuados. Esta veciña leva 50 anos vivindo no barrio. Lémbranos que aquí xa caeron máis casas. Ao estaren deshabitadas, as casas vanse deteriorando.

O estado das casas do barrio da estación preocupa a veciños e Administración. Estímase que o corenta por cento das vivendas da zona histórica da cidade están deshabitadas.

As figuras de porcelana, o flexo ou o cadro da Virxe, o mesmo ca todas as pertenzas da casa, en poucas horas quedarán reducidos a cascallos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/05/2019