CRTVG

Buscar

Derrúbase parte do tellado do colexio dos Salesianos, en Ourense

Publicado o 03/02/2021 08:59

A caída de parte do tellado do centro educativo ourensán non causou danos persoais. Descoñécese as causas exactas do derrubamento, que deixou un burato duns oito metros no tellado. As primeiras hipóteses desbotan que a chuvia tivese algo que ver co suceso.

Os cascallos caeron no faiado do edificio, preto de onde vive a comunidade relixiosa dos Salesianos.  

Noticias web

03/02/2021