CRTVG

Buscar

Derrúbase o número de hipotecas asinadas en maio

Publicado o 24/07/2020 16:59
Derrúbase o número de hipotecas asinadas en maio

Os presupostos vanse elaborar en plena crise económica derivada da sanitaria. Hoxe coñecemos, por exemplo, un novo dato que amosa que o mercado da vivenda vai máis lento. Derrúbose o número de hipotecas asinadas en maio

Caen máis dun 27% no conxunto de España respecto a 2019. É o maior descenso dende que empezou a pandemia, case dez puntos superior ao de abril. A única comunidade onde aumentan é nas Canarias. E despois está Galicia coa menor caída, un 10%. Aquí asináronse 997 hipotecas.
Co mes de maio xa van tres meses seguidos con descensos na comparativa interanual.

Noticias web

24/07/2020