CRTVG

Buscar

Derrotas do Breogán e do COB na LEB Ouro

Publicado o 08/02/2020 14:15

O Leite Río Breogñan apañou unha nova derrota na LEB Ouro, derrota por incomparecencia na pista do Alacante. Non competiu o equipo lucense en ningún momento. Apañou un 10-2 de saída e nunca tivo capacidade de reacción. Só anotou un 35 por cento dos seus lanzamentos en xogo e abusou das triplas, só 9 acertos en 35 tantativas. O Breogán vese superado na clasificación por un Alacante que suma seis vitorias seguidas.

O que cae de zona de playoff é o Club Ourense Baloncesto trala derrota apañado na pista do Palencia. Competiu ata o final o equipo de Gonzalo García de Vitoria, sobresaínte no primeiro tempo. Botou man do excelente partido de Darko Balaban. 22 puntos e 11 rebotes, para 31 puntos de valoración. O Palencia conseguiu un parcial de 17-0 entre o final do terceiro cuarto e o inicio do último que lle parecían asegurar a vitoría. Aínda asi, o COB errou unha tripla catro abaixo a un minuto do final. Coa resposta seguinte de Dani Rodríguez, tamén desde o perímetro xa non había dúbidas, o triunfo quedou en Palencia.

Noticias web

08/02/2020