CRTVG

Buscar

Derrota por un punto do Leyma co Valladolid (80-81) na segunda xornada da Leb Ouro

Publicado o 13/10/2021 12:04

Derrota por un punto do Leyma co Valladolid na segunda xornada da Leb Ouro. Segunda derrota dos homes de Sergio García nun partido de alternativas, pero igualado. Cada momento lúcido atopaba a resposta do rival. Á falta de seis minutos e medio había empate a 67.

Á falta dun minuto e dez segundos gañaba Valladolid por un punto. Valladolid estaba máis sereno en ataque, pero o Leyma non se ía do partido. Nunha acción, o equipo local puido gañar o partido tras un rebote defensivo, pero fallou no aro rival. Quedaban dez segundos e o Valladolid fallou os tiros e perdeu o balón no saque de banda. Todo a favor do Leyma. Tres segundos para rematar e para gañar o partido. Pero a tripla de Lofberg foi repelida e os pucelanos levaron un emocionante partido.

Ward, con 24 puntos, destacou no Leyma; Raffinton, con 21 puntos, no Valladolid.

Noticias web

13/10/2021