CRTVG

Buscar

Derrotas do Rotogal Boiro e do Emevé na Superliga de voleibol

Publicado o 24/01/2021 13:13

O Rotogal Boiro perdeu por 3-1 na pista do Manacor. O primeiro set foi de claro dominio local (25-17), pero o Boiro reaccionou no segundo (25-27). Os locais volveron a mandar no terceiro cunha marxe ampla (25-19) e o partido decidiuse nun cuarto que estivo moi apertado (26-24). 

O Emevé tamén perdeu na pista do Barcelona por un contundente 3-0 no que foi un frouxo partido co conxunto lugués. Os parciais foron: 25-19, 25-22 e 25-19.

Noticias web

24/01/2021