CRTVG

Buscar

Derrota do Porriño e triunfo do Guardés na Liga de balonmán feminino

Publicado o 17/10/2020 21:05

O Mecalia Guardés impúxose na pista do Zuazo por 22-24 e acadou a terceira vitoria da temporada nos catro partidos xogados. O Guardés sempre estivo por diante, sen grandes vantaxes e a lombos dunha sensacional Paulina Buforn, autora de 8 goles.

No Grupo B derrota do Conservas Orbe Rubensa Porriño contra o Elxe 20-24. As porriñesas foron sempre a remolque pero chegaron aos últimos minutos con posibilidades de lograr algo positivo. O Elxe acabou impoñendo a súa calidade.

Noticias web

17/10/2020