CRTVG

Buscar

Derrota do Deportivo Abanca na estrea co Athlétic (2-1)

Publicado o 03/10/2020 17:59
Derrota do Deportivo Abanca na estrea co Athlétic (2-1)

O Deportivo Abanca non puido comezar a liga cu resultados positivo en Lezama.

O equipo de Manu Sánchez caeu derrotado por dous goles a un. Na primeira parte, tomou vantaxe axiña o equipo local cun tanto de María Díaz.

Unha das incorporacións desta temporada do Deportivo logrou o empate. Aos 5 minutos do segundo tempo marcou un fermoso gol Lady Andrade.

No minuto 81 Leyre Monente conseguiu o gol definitivo para as leoas, xusto cando as galegas vivían os seus mellores minutos no partido.

Noticias web

03/10/2020