CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Derrota do Coruxo no Bao

Publicado o 19/03/2016 21:47
E mentres o Coruxo caeu no Vao ante o Burgos, nun partido resolto grazas a dous goles do canario Adrián Hernández na recta final do choque. O primeiro coa perna esquerda, no minuto 77, e o segundo, no 88, completando unha contra coa perna dereita. O equipo castelán venceu así nun duelo entre conxuntos situados na zona media da clasificación. Agora, os burgaleses contan con 44 puntos, cinco máis que o Coruxo, que aínda mantén unha diferenza cómoda respecto aos postos de descenso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí