CRTVG

Buscar

Derrota do Cisne por 24-19 diante do Nava, un rival pola permanencia

Publicado o 04/04/2021 21:40

Na Liga Asobal, derrota do Dicsa Modular Cisne ante un rival directo na zona baixa da clasificación. O Balonmán Nava venceu por 24 a 19 e sae dos postos de descenso. O equipo pontevedrés tivo un mal inicio de encontro, pero reaccionou ben nos últimos minutos do primeiro tempo e chegouse ao descanso cun axustado 11 a 10 a prol dos segovianos. Pero o paso polos vestiarios non lle sentou ben ao Cisne, que pouco a pouco foi afundíndose ata o 24 a 19 final. O conxunto galego segue pechando a clasificación e ten cada vez máis complicada a permanencia.

Noticias web

04/04/2021