CRTVG

Buscar

Derrota do Celta B, que volve a meterse en postos de descenso

Publicado o 19/01/2020 14:41

Despois da goleada da semana pasada, o Celta B chegou a Melilla e volveu ás andadas. Volveu amosar a faciana de equipo cunha calidade inmensa, pero ao que lle falta determinación e pegada. No Álvarez Claro, nunha xornada marcada polo vento, foi superior ao seu rival e deixouno con vida. Primeiro porque estragou o que xerou e logo porque sempre deu a sensación de ter unha marcha máis reserva, agochada que nunca chegou a meter. O Melilla agradeceuno e pasou factura a ciunco minutos do final. Nunha acción na que os galegos reclaman falta dew Deco a Moha no mediocampo e no que o gardamenta Rosic puido rexeitar o primeiro envite, o de Ruano, pero xa non deu prto segundo, o de Ramos. Así perdeu o partido. Un encontro que debeu gañar. 1-0 e agora regreso á inquedanza dos postos de descenso.

Noticias web

19/01/2020