CRTVG

Buscar

Derrota do Celta B (1-2) que protestou unha xogada cun gol pantasma

Publicado o 24/10/2021 14:47

Cinco canteiráns no once incial de Onésimo con Miguel Rodríguez e Alfon en punta e foron precisamente Alfon, cun remate de cabeza no minuto dez da primeira metade que Yelco envía a corner. Miguel Rodríguez, cun lanzamento desde a frontal que se vai arriba os que dispuxeron das primeiras ocasións de gol dos celestes no primeiro tempo.

Sen embargo, o tanto inical chegou no minuto 39. Logo dun saque de banda, centro desde a esquerda e remate de Rubén Ramos que bate a Gaizka Campos. E uns intres despois, gol pantasma do Celta B que non sobe ao marcador. Remata Alfon ao ferro..., logo tira Iker e Yelco desde dentro da portería saca a pelota. O asistente, mal situado, entende que o balón non sobrepasa totalmente a liña de gol. E no engadido a primeira metade, golazo de falta de Álvaro Martín. Era o segundo dos madrileños...

No minuto 62, recurtou diferenzas o cadro de Onésimo. Pase de Pampín e gol de Alfon...eran os mellores momentos do filial céltico sobre o céspede de Barreiro. Un gol pantasma, un par de penas máximas que solicitaron os locais e que non asubiou o colexiado... e Onésimo que tivo que ir ao remate do partido a afastar aos seus futbolístas do árbitro para evitar amoestacións innecesarias...

Noticias web

24/10/2021