CRTVG

Buscar

Derrota do Cangas, que regresa á zona de descenso

Publicado o 03/12/2020 12:57

Derrota do Cangas, que xogaba ante un rival directo por eludir o descenso, o Sinfín Santander, pero caeu por 23 a 26. Non houbo ideas en ataque mesmo cando gozaron de superioridade.

O mellor Frigoríficos viuse ao inicio do segundo tempo, apertaron en defensa e foron máis verticais ofensivamente, cun parcial de 4-0. Semellaba un punto de inflexión pero non foi así, os erros volveron lastrar os cangueses, que regresan á zona de descenso.

Noticias web

03/12/2020