CRTVG

Buscar

Derrota contundente do Lugo na estrea de Curro Torres

Publicado o 04/01/2020 20:58
Perdeu por 0 goles a 4 diante do Almería

O que pensase que o problema do Lugo era de adestrador terá que ir revisando o seu argumentario. Porque hai cousas que un técnico non pode controlar. Por exemplo, os erros individuais. Un de Fernando Seoane camb¡ou a decoración dun partido aínda en fase de tanteo. Darwin Núñez aproveitou o agasallo lucense para marcar os 10 minutos de xogo.

O gol evidenciou a ansiedade branquivermella aínda que sobre a media hora acariñou o empate. Tivo vasias opcións, como un disparo que se envelena de Álex López e que envía a córner o meta Fernando. Segundos despois, José Carlos ten o gol dúas veces pero os xogadores visitante evitan a igualada.

Dous homes volveron tola a defensa lucense, na que naufragaron todos. Nuñez e Juan Muñoz multiplicáronse en ataque. Muñoz case marcou de falta directa e pouco antes do descanso logrou o 0-2 nun tanto que revisou o VAR. Interpretouse que o balón tocado por Josete habilita a posición adiantada do goleador.

O 0-2 si que foi un golpe anímico insuperable. chegaron dous goles máis. O terceiro coa sociedade Muñoz, o que pasa, e Darwin Núñez, o que define. O 0-4 que supón a goleada máis rotunda do Lugo no Anxo Carro en segunda levou a sinatura dun ex. José Carlos Lazo logrou un gol marca da casa, cun disparo inalcanzable para un Cantero que salvou unha goleada aínda maior.

Lazo pediu perdón a unha bancada que lle devolveu o cariño. Foi decisivo para a permanencia o ano pasado. Curro Torres deberá atopar outro lazo para sacar o equipo dun descenso ao que volveu caer nove xornadas despois.
 

Noticias web

04/01/2020