CRTVG

Buscar

Derrota clara do Leyma Coruña en Castelló

Publicado o 15/02/2020 12:16

O Leyma perdeu con claridade na cancha do Castelló (83-68), unha derrota que afasta as aspiracións de ascenso directo do club coruñés. Foi un mal partido dos de Sergio García, aínda que ao descanso mantiñan a paridade no marcador. Só perdían por un punto de diferenza.

Foi decisivo o terceiro cuarto, no que o Castelló obtivo un parcial de 24-9 que encamiñou o triunfo. O xogo interior do Leyma non puido co excelente partido de Johan Van Zegeren, que logrou 16 puntos e capturou 13 rebotes. Tamén foi importante a achega desde o perímetro de Romá Bas Mari, con cinco triplas de cinco lanzamentos.

No equipo coruñés o máis destacado foi Mathieu Kamba, que se foi ata os 19 puntos de anotación. Ashley Hamilton aportou 16. O Leyma botou de menos o habitual bo rendemento de Peciukevicius e Jeff Xavier. O equipo galego só anotou o 38% dos seus lanzamentos de campo.

O Leyma apaña a sétima derrota da temporada.


 

Noticias web

15/02/2020