CRTVG

Buscar

Derrota avultada dun Obradoiro que non foi quen de frear o Murcia (70-104)

Publicado o 16/10/2021 20:13

A festa no Sar non durou moito máis de tres minutos, os que tardou o Murcia en poñerse por diante e empezar a abrir oco no marcador.

Os de Moncho Fernández non atoparon a forma de frear o ataque do Murcia, que marchou o descanso cunha máxima vantaxe de 23 puntos e que, malia a leve mellora galega no segundo tempo, seguíu a aumentar ata o 70-104 final. Ellenson, autor de 16 puntos, foi o máximo anotador dos galegos.

Non funcionou o lanzamento exterior, 2 de 14 e tampouco estiveron especialmente atinados no de dous, cun 51 % de acerto. Só tres xogadores galegos acadaron máis de dez puntos mentras que no Murcia foron 6 os que acadaron díxitos dobres.

O rival menos querido no Sar estragou a festa de Tonecho.

Noticias web

16/10/2021