CRTVG

Buscar

Derrogado o despedimento por baixas médicas xustificadas

Publicado o 18/02/2020 17:40

O Consello de Ministros tamén aprobou derrogar o artigo do Estatuto dos Traballadores que permitía despedir un empregado por acumulación de baixas médicas.

A partir de mañá xa non se poderá facer. A ministra de Traballo di que é o primeiro paso para empezar a desmontar a reforma laboral de 2012. Asegura que con esta medida se reparan os dereitos dos traballadores e se protexe a poboación máis vulnerable.

Yolanda Díaz, ministra de Traballo: "A partir de hoxe, o Goberno de España garante que as máis vulnerables non só non poidan ser despedidas, senón que teñan que ser especialmente protexidas. Porque cando estamos enfermos temos que preocuparnos só dunha cousa: de curarnos para poder incorporarnos novamente ao traballo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2020