CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Dermatoloxía do CHUAC, finalista cun proxecto de investigación sobre as terapias biolóxicas da psoríase

Publicado o 05/03/2018 21:18


O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña acada un novo recoñecemento á innovación na atención sanitaria. O seu Servizo de Dermatoloxía logrou ser finalista cun proxecto de investigación sobre as terapias biolóxicas da psoríase.

O Servizo de Dermatoloxía do Hospital da Coruña ten a súa sede no Hospital Abente y Lago. O doutor Eduardo Fonseca Capdevila é o xefe deste servizo que desenvolve un proxecto de investigación para testar a eficacia das terapias biolóxicas en pacientes con psoríase. O proxecto foi seleccionado como finalista dos premios á innovación sanitaria que outorga a Universidade de Alcalá de Henares, institución que o ano pasado xa premiara o hospital coruñés.

Tras o recoñecemento, o desafío está en lograr os medios para seguir avanzando e facer realidade o proxecto.

Nesta edición dos premios tamén resultou finalista na categoría de Reumatoloxía o proxecto de innovación da doutora Elena Lorenzo da Xestión Integrada de Vigo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

05/03/2018