CRTVG

Buscar

Como reclamar pola cancelación de voos

Publicado o 28/07/2019 17:01

En Galicia, a folga do aroporto do Prat en Barcelona tamén provocou a cancelación de seis voos, catro no aeroporto de A Coruña e dúas conexións de Barcelona con Santiago de Compostela. Nestes casos os pasaxeiros prexudicados teñen o dereito a seren compensados: co cambio de billete para outro voo, pero tamén hai unha indemnización directa. Tamén pode elexir o rembolso do billete. Explicámolles como teñen que reclamalo.

Os viaxeiros afectados pola cancelación dos seus voos por mor dunha folga de traballadores teñen dereito a unha compensación automática, segundo establece a normativa europea. A compañía ademais ten que asistir os paxeiros con comida, bedida durante a espera e se fose necesario, o pago dun hotel e os traslados.

Todo atraso de máis de 3 horas terá que ser compensado economicamente. Pero tamén hai compensacións pola perda de por exemplo excursions contratadas no destino ou un concerto. E, ademais, hai prexuízos morais que tamén poden seren compensados. E para iso hai que reclamar.

Se non hai unha solución nin unha contestación da compañía aérea, o viaxeiro tamén pode e debe recorrer á vía xudicial.

Noticias web

28/07/2019