CRTVG

Buscar

Derbi galego nos cuartos de final da Copa da Raíña de fútbol sala

Publicado o 29/04/2021 20:52

Mañá comeza nas Rozas a fase final da Copa da Raíña de fútbol sala feminina e nos cuartos de final teremos un duelo galego. O Burela Pescados Rubén e o Envialia Ourense xogarán o pase ás semifinais.

Os dous conxuntos enfrontáronse na liga esta pasada fin de semana, onde as de Burela venceron por un contundente 9 a 4. É o Burela Pescados Rubén o gran favorito para facerse cun título que xa gañou nas dúas últimas edicións.