CRTVG

Buscar

Derbi entre o Ensino e o Baxi, este sábado ás 18h na tvG2

Publicado o 02/11/2018 19:05

A quinta xornada da Liga Feminina de Baloncesto agasállanos cun derbi. O Ensino de Lugo recibe no Pazo o Baxi de Ferrol. Un encontro o deste sábado ás seis da tarde que será retransmitido pola segunda canle da Televisión de Galicia. Os dous equipos chegan con ansia por endereitar a temporada.

O Ensino segue engraxando o equipo e a veterana Regina Gómez agarda seguir sumando aos 5.000 puntos que xa leva anotados.

As de Ferrol, polo momento, non coñecen a vitoria e a buscan a remontada. O deste sábado promete ser un derbi intenso.
 

Noticias web

02/11/2018