CRTVG

Buscar

Derbi de rivalidade na Malata

Publicado o 20/11/2020 21:17

Duelo de rivalidade, derbi entre Rácing e Compostela. Os ferroláns queren marcar un punto de inflexión despois da vitoria en Salamanca e mirar cara aos postos altos da táboa

Jon García, Rácing de Ferrol "O partido contra o Salamanca ten que ser o punto de inflexión para tirar para arriba e o obxectivo ambicioso do club, dos xogadores e do corpo técnico de estar entre os tres primeiros."

Os de Emilio Larraz intentarán conseguir a primeira vitoria da temporada na Malata, onde volverá haber público na bancada. Terán que impoñerse a un Compostela que aínda non gañou a domicilio pero que vén crecido pola última vitoria no Vero Boquete, con goleada incluída.

Miki Villar, S. D. Compostela "Na miña vida fixen o de marcar dous goles en Segunda B e oxalá poida repetilo pronto porque é unha sensación marabillosa. Chegamos nunha boa liña e o traballo durante a semana é moi bo e penso que nos partidos anteriores xa se notou que o equipo estaba rendendo bastante ben e necesitabamos esta vitoria ante o Guijuelo marcando goles."

Hai dúas temporadas ambos equipos militaban na Terceira. O derbi máis recente disputouse en Santiago, daquela os branquiazuis conseguiron a vitoria por 4 goles a 3. 7 goles nun partido memorable. Este sábado volven encontrarse, desta vez na Malata e na Segunda B.
 

Noticias web

20/11/2020