CRTVG

Buscar

Derbi baixo presión no Anxo Carro

Publicado o 16/05/2019 20:16

Derbi de urxencias máximas. Nin o Lugo nin o Deportivo poden facer concesión algunha. Nin no campo nin sequera na bancada. Así o entende Lazo, que pide a máxima implicación aos seus:  "Vexo un partido moi difícil. Van vir a morte porque teñen que gañar para engancharse á promoción. Pero nós necesitamos a vitoria para despegarnos un pouco máis da zona de abaixo e temos que gañarlles en dúas fases: dentro do campo e fóra do campo"

Alex Bergantiños fala dunha situación límite para ámbolos contendentes:  "Estamos os dous en situación límite por obxectivos diferentes. Para o Deportivo é importantísimo meterse na promoción e seguir optando ao ascenso por todo o que lle supón ao club tanto económica como deportivamente, e o Lugo o mesmo, caer a Segunda B sería un golpe enorme porque é saír do fútbol profesional"

Os coruñeses elevan o listón da esixencia. Buscan un poker: un catro de catro para coller o tren da promoción  "É algo que non acadamos ao longo da temporada, pero, ao final, se queres conseguir os obxectivos tes que sumar con constancia. Non sei cantos puntos se precisaran, pero temos que facer os máis posibles. Quedan catro partidos e coido que temos capacidade para poder gañalos"

Doce puntos para un billete cara un soño que se está a revirar de máis.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2019