CRTVG

Buscar

Deputados de todos os grupos do Parlamento coñecen as medidas de loita contra os incendios

Publicado o 20/06/2019 15:20

Visita parlamentaria ao Centro de Coordinación Central de Defensa Contra Incendios Forestais. Deputados dos catro grupos políticos coñeceron e avaliaron a resposta que dá ás situación de incendio.

Eran deputados que integran a comisión de Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes no Parlamento galego comprobaron como se visualiza en tempo real a evolución dos incendios forestais na comunidade e o seguimento que se fai desde este centro dos medios que traballan sobre o terreo nos labores de extinción, tamén os aéreos. Ducias de pantallas rexistran as imaxes de 88 cámaras cubrindo preto do 60 por cento do territorio. Todos avalían como as novas tecnoloxías poden axudar a previr e loitar contra o lume. Pero piden que se siga traballando tamén noutros ámbitos.

Noticias web

20/06/2019