Máscaras, pantallas e sen público: así arrancou a nova lexislatura en Galicia
Con máscaras, con pantallas e sen público. A nova lexislatura do Parlamento de Galicia arrincou hoxe inmerso na nova normalidade.
Así, a imaxe da tribuna quedaba baleira, unha inédita 'postal tradicional' da constitución da cámara, rebordada normalmente doutras institucións ou exparlamentarios.
A sesión comezou coa formación da Mesa de idade, formada polo deputado máis vello e os dous máis novos e continuou coa votación da Mesa da Cámara. Por primeira vez na historia, os tres membros eran deputados polo mesmo partido, neste caso o BNG.
Constitución da Mesa
Santalices (Ourense, 1955), é o deputado máis veterano da cámara. Accedeu á presidencia no ano 2015, cando Pilar Rojo, presidenta na VIII e IX lexislatura, renunciou para ir nas listas do PP ao Congreso nas eleccións de decembro daquel ano.
Na súa intervención, Santalices referiuse a esta lexislatura que comeza en tempos da covid como "a das persoas". En lembranza dos falecidos e falecidas por mor da covid, a Cámara gardou un minuto de silencio.
O presidente do Parlamento tamén pediu á Cámara discursos sólidos e sen estridencias.
Tamén repite como vicepresidente primeiro da Cámara, o popular Diego Calvo. A novidade é o nomeamento de Corina Porro como secretaria.
En representación da oposición, os dous postos da Mesa ocúpanos Montse Prado, vicepresidenta segunda a proposta do BNG, e Marina Ortega, vicesecretaria a proposta do PSdeG.
Coa mesa formada os deputados e deputadas xuraron ou prometeron o cargo. En total, 35 caras novas con respecto a 2016 arrincarou esta sesión, pero é previsible que o nomeamento dos membros do Goberno e altos cargos faga mover as listas populares.