CRTVG

Buscar

Deportivo-Fuenlabrada, o mércores ás 20:00 horas

Publicado o 03/08/2020 22:06

A Liga fixa a hora do encontro e o Dépor convoca unha conferencia de prensa para mañá

Xa hai día e hora para o Dépor-Fuenlabrada. O Comité de Competición comunica que o partido se vai xogar pasado mañá, o mércores, 5 de agosto e a Liga di que será ás 8 da tarde. Hai só tres días, o pasado venres, Competición dicía todo o contrario, que non se cumprían as condicións para xogar o día 2, como pedía o Fuenlabrada. Pero agora di que si. E ademais, o pasado venres Competición deu 10 días para alegar tras rexeitar a medida cautelar do xuíz de darlle o partido por perdido ao Fuenlabrada. Non transcorreron eses dez días para alegacións. Por iso a decisión de que se xogue o partido xa é sorprendente.

O Dépor convoca unha conferencia de prensa para mañá. Cabe a posibilidade de que non se presente ao partido. Así falaba Fernando Vidal hai dúas semanas nunha entrevista para a Televisión de Galicia.

Noticias web

03/08/2020