CRTVG

Buscar

O Deportivo feminino, campión da Copa Galicia tras golear o Friol de Lugo por 6-1

Publicado o 12/06/2019 09:40

O Deportivo Abanca pechou onte unha temporada histórica, acadando a Copa Galicia.

Segunda copa Galicia consecutiva para as herculinas, que onte golearon o Friol de Lugo por 6 a 1 nunha final disputada en Ordes. As xogadoras de Manu Sánchez mostraron a súa superioridade nos 90 minutos. Dous goles de Alba Merino puxeron por diante as herculinas antes do primeiro cuarto de hora. Ao descanso, o Deportivo xa gañaba por 4 goles a 0. Peke, Gaby, Tere Abelleira e Iris completaron o triunfo dun equipo que a próxima temporada xogará na máxima categoría. Lucía Pardo marcou o gol da honra para o Friol.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019