CRTVG

Buscar

Deportivo e Elxe abren a xornada da Segunda en Riazor

Publicado o 12/10/2018 16:36

Natxo González é consciente do tipo de partido que agarda contra o Elxe: "Difícil, pode que sexa pechado, dependemos da eficacia nas áreas para abrir outro tipo de partido".

Nesa misión ten que axudar Christian Santos, substituto do sancionado pichichi Quique González. 

"Perdemos a Quique, pero temos a Christian con fame, recuperamos a Borja. É importante que os dianteiros nos dean goles".

O Elxe tamén chega a Riazor sen o seu máximo anotador. Sory Kaba é case o único argumento goleador dos de Pacheta, pero tivo que acudir á chamada de Guinea.

"A Segunda División, polo número de internacionais de selección menores, pero que son seleccións, deixa moitos equipos sen xogadores. Creo que hai que parar igual que para a Primeira División".

Malia a ausencia do artífice da primeira vitoria do curso contra o Lugo, Pacheta anuncia un equipo valente en Riazor: "Non lle imos ter medo a ninguén. É un grande equipo, a maioría dos xogadores veñen da Primeira División, pero imos pelexar alí".

No Deportivo ven clave superar o Elxe e manter o invicto en Riazor camiño do ascenso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2018