Deportivo e Celta B buscan hoxe en Riazor e Balaídos lamber as feridas da última derrota
Lambe o Deportivo as feridas da súa caída do liderado. Feridas de escasa consideración que non obrigan a trocar ningún plantexamento, en opinión do adestrador, Borja Jiménez. Quere desquitarse hoxe diante da parroquia fronte á Sociedade Deportiva Logroñés.
"Gañar ou perder non debe cambiar a nosa forma de traballar, temos moitísimas ganas de volver sentir Riazor".
Lamenta, así e todo, non poder dispoñer do cen por cento da ocupación no estadio.
"Estou desexando ver Riazor cheo. Se cando xuntamos 13 ou 14.000 persoas o ambiente é incríbel, cando sexamos o dobre non o quero imaxinar".
Dúas horas antes principia a xornada para os galegos. O Celta B tamén intentará compensar diante do Zamora a derrota da pasada semana en Calahorra. Problemas na iluminación de Barreiro trocan o habitual escenario para o filial e trasladan o partido a Balaídos.