CRTVG

Buscar

Denuncian o ataque de cans salvaxes a vacas en Palas de Rei

Publicado o 26/08/2019 14:33

O desacougo de Ángel non ten medida. Acaba de chegar á casa despois de botar dende que amenceu buscando unhas vacas que lle fuxiron despois de que unha manda de cans salvaxes as atacara pola noite.

Dende hai un tempo, sempre é igual. Chega á mañá e aparécelle algunha vaca rebentada e varias delas, escapadas. Estas vacas que están a ver quedaron así despois dos últimos ataques.

As vacas son irrecuperables, e o problema é que os ataques sucédense.

Imos canda el ver a leira da que escaparon as vacas esta noite. Escapando dos cans, desfixeron completamente o peche. Aínda queda pelo nel.

Outro problema é que se ve completamente desamparado e que ninguén lle bota unha man nin se interesa pola súa sorte.

Casualmente, de volta á casa atopamos as vacas fuxidas. Dúas delas, sen chegar a estar tan desfeitas coma as outras, tamén están danadas, unha delas coxa.

O problema é se en vez de coller cara a este prado chegan a escapar para a estrada e causan un accidente.

Varias vacas racheadas mais outra sacrificada e o desacougo de Ángel son as consecuencias dunha manda de cans descontrolada á que, segundo nos conta, ninguén lle presta atención ata que haxa unha desgraza maior.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/08/2019