CRTVG

Buscar

Denuncian venda de droga nun piso ocupado ilegalmente na Coruña

Publicado o 08/09/2021 15:03

É no terceiro andar dun inmoble da rúa San Lucas, no barrio coruñés da Sagrada Familia, onde, segundo os veciños, os ocupante ilegais venden substancias estupefacientes. Aseguran que esta non é a única vivenda do barrio en que entraron á forza.

E os veciños din vivir co medo no corpo. Explican que en canto saen da casa os invade a inseguridade porque os roubos, din, son cotiáns.

Por isto, pídenlles ás autoridades que tomen cartas no asunto o antes posible para poder recuperar, din, a tranquilidade e mais a seguridade no barrio en que viviron toda a vida.
 

Noticias web

08/09/2021