CRTVG

Buscar

Denuncian unha viaxe en tren sen cumprir coas medidas de seguridade

Publicado o 14/01/2021 13:46

O luns Saúl calculaba chegar ao seu destino sobre as once da noite, pero fíxoo pasadas as cinco da mañá. Foi o atraso que acumulou o tren en que viaxaba dende Madrid a Galicia. Quedou parado antes de chegar á Gudiña e durante seis horas non puideron saír dos vagóns. O temporal de neve foi a razón, pero Saúl pensa que houbo falta de previsión.

Porén, o que máis preocupa a Saúl son as condicións en que viaxaron. Asegura que o tren ía cheo, sen cumprir coas esixencias da pandemia.

Por iso non só reclama a devolución do importe do billete, tamén presentou unha queixa formal para que non se repitan estas situacións.

Polo de agora, Saúl non recibiu contestación.   

Noticias web

14/01/2021