CRTVG

Buscar

Denuncian unha crise humanitaria nos EUA polo uso de armas

Publicado o 12/09/2018 21:37

Os Estados Unidos sofren unha crise humanitaria polo uso de armas. É a conclusión á que chega Amnistía Internacional tras coñecerse que máis de 38.000 persoas faleceron polo uso de armas de fogo nun ano. Segundo estes datos do ano 2016, os Estados Unidos é o primeiro país industrializado en número de mortes por este motivo. Alí, cada día falecen de media 106 persoas a causa de disparos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018