Denuncian un segundo condutor suicida na autovía do Barbanza o sábado
Estas imaxes do coche que circulaba en dirección contraria na autovía do Barbanza o sábado repetíronse horas despois, contra a unha da mañá. Esta vez á altura do lugar de Vilas, segundo testemuñas, que afirmaron cruzarse cunha furgoneta branca a gran velocidade cando ían en dirección a Padrón. Din que logo deu a volta para corrixir o sentido na propia autovía e tomou a saída de Catoira.
Afortunadamente, en ningún dos dous casos houbo accidentes nin feridos. Agora, a Garda Civil de Tráfico atópase á espera de recibir as imaxes de ambos os dous kamikazes para tratar de identificar as matrículas e, unha vez feito isto, saber se os condutores dos vehículos neses momentos coinciden cos titulares.
Os kamikazes pódense enfrontar a unha pena de entre tres e seis anos de cárcere.