CRTVG

Buscar

Denuncian un novo caso de violencia policial racista nos EUA contra unha nena de 9 anos

Publicado o 02/02/2021 19:38

Volve a indignación aos Estados Unidos ante un novo caso de violencia policial contra afroamericanos. Neste caso foi contra unha nena de 9 anos, no estado de Nova York

Os axentes esposáronna e botáronlle gas pementa alegando que sufría unha crise mental e ameazaba con matar a súa nai e suicidarse.

Os axentes están suspendidos mentres se investigan os feitos. Centos de persoas saíron á rúa para protestar. É a segunda vez en menos dun ano que a polícia desta localidade é acusada de actos violentos contra cidadáns negros.
 

Noticias web

02/02/2021