CRTVG

Buscar

Denuncian un calote na venda de voos en globo

Publicado o 22/06/2020 11:41

A empresa que estes últimos anos ofertaba viaxes en globo na Ribeira Sacra pechou e as persoas que contrataran con anticipación o paquete turístico atópanse agora sen voos e sen cartos.

Os clientes que tiñan xa reservadas e pagadas as viaxes para este verán non recibiron ningún tipo de comunicación. Segundo denuncian os afectados, na empresa ningúen colle o teléfono nin contesta os correos electrónicos, polo que moitos decidiron presentar unha denunca por estafa ante a policía.

Este ano será unha empresa madrileña a que se encargue de realizar as viaxes turísticas en globo.

Noticias web

22/06/2020