CRTVG

Buscar

Denuncian roubos en varios locais da zona vella de Pontevedra

Publicado o 22/03/2019 17:12

Cinco locais da zona vella de Pontevedra recibiron a visita dos ladróns nos últimos días. Nalgúns non conseguiron entrar, pero nun deles levaron 1.500 dólares en efectivo e 2.000 euros, segundo asegura o propietario do local. Noutro establecemento, saquearon ducias de botellas.

O Portobello, un referente da movida nocturna en Pontevedra, foi o máis prexudicado. Segundo denuncia o dono, os ladróns levaron unha elevada cantidade de cartos, entre dólares e euros.  

"Tiña 1.500 dólares debaixo da caixa rexistradora. Levaron iso e o que había dentro, uns dous mil euros, que era a caixa desde o sábado ata o luns", explica o dono do local.

Un veciño que viu a reixa rebentada foi quen o avisou. Calcula que ocorreu entre as catro e as oito da mañá. A mesma noite houbo danos noutros dous locais próximos, pero ningún presentou denuncia porque os ladróns non chegaron a entrar.

Nunha hamburguesería denunciaron a subtracción de 120 euros da caixa rexistradora, e noutro pub, tamén da zona vella, un televisor e ducias de botellas que o deixaron desabastecido para atender a clientela.

Noticias web

22/03/2019