CRTVG

Buscar

Denuncian roubos en granxas de Palas de Reis

Publicado o 18/01/2021 14:56

Gandeiros de Palas de Rei advirten da presenza dunha banda que se dedica a roubar cable e pezas metálicas nas explotacións.

Nunhas imaxes gravadas polas cámaras dunha granxa na parroquia de Berbetouros vese a velocidade coa que os ladróns localizan unha bobina de arame e cárgana na furgoneta en que foxen. Todo en escasos segundos e a plena luz do día.

Os roubos estanse a producir por toda a zona e algúns veciños din que viron a mesma furgoneta situada preto de diferentes explotacións, que poderían estar vixiando á espera do momento idóneo para roubar.

Noticias web

18/01/2021