CRTVG

Buscar

Denuncian que un home tratou de levar unha menor no seu coche en Cambados

Publicado o 13/10/2017 15:04

A alarma saltou antonte entre as familias con menores, en Cambados. Policía Local e Garda Civil buscan un individuo que convidou a unha nena a subir á súa furgoneta. Sucedeu no centro histórico de Cambados, en plena tarde.

A nai da nena, de 12 anos, contoulles aos axentes que o descoñecido tiña barba branca espesa e un sombreiro, e que o vehículo en cuestión era de cor negra, tiña cristais escuros e un golpe na aleta traseira. Os axentes mobilizáronse nas redes sociais para pedir a colaboración cidadá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2017