Denuncian presenza de 'okupas' no barrio lugués de Montirón
A filla dos propietarios desta vivenda xa denunciou que se atopa ocupada ilegalmente dende hai semanas. E nestoutra foi preciso colocar reixas metálicas logo do intento de acceso rexistrado a semana pasada. E é que os 'okupas' descubriron que no barrio de Montirón hai numerosos inmobles onde poden entrar ilegalmente e asentarse ante a ausencia prolongada dos propietarios. Moitos dos veciños xa colocaron sistemas de alarma ante a posibilidade de que lles entren nas casas e logo de que nos últimos días se detectara a presenza de vehículos e persoas que non residen na zona e que ían mirando vivenda por vivenda. A preocupación medra cada día.
"Algo vén a policía, pero logo marchan. Aquí algo pasa. A min un deles ameazoume cun pau."
"Si, veñen e andan dando voltas cos coches mirando. Hai tres días houbo problemas."
Unha empresa especializada no desaloxo e na negociación cos 'okupas' xa se desprazou ata Montirón para ofrecer os seus servizos os veciños. Ao parecer, os donos da casa ocupada recibiron ameazas por parte dos ocupantes cando lles pediron que deixaran o inmoble. A presenza de menores na vivenda fai que o proceso para que os propietarios poidan recuperala se dilate no tempo porque o procedemento xudicial é máis complexo