Denuncian o roubo do cable do pastor eléctrico nunha leira en Dozón
E nas Maceiras, no concello de Dozón, tamén houbo roubos, neste caso de postes e cables para o pastor. Os afectados foron os responsables dunha explotación gandeira, que cando chegaron coas vacas á leira atoparon todo baleiro.
Nesta leira das Maceiras roubaron un pastor cos seus correspondentes postes e cables. Os feitos sucederon de noite, Mari Carmen Ferreiro, dona da leira e responsable dunha explotación gandeira, decatouse cando chegou pola mañá a levar as vacas.
Non sabe quen puido ser, pero o que asegura é que foron máis de dúas persoas, porque é moi complicado e laborioso levar tanto material. O seu valor é duns mil euros.
Mari Carmen non entende como puideron chegar á leira xa que é un lugar difícil de localizar. Cre que os ladróns tiveron que meterse co coche polo terreo adiante, porque ten dous quilómetros e a zona onde estaban os materiais é no fondo e non se ve dende a estrada.