CRTVG

Buscar

Denuncian o piloto dun autoxiro por circular por unha estrada de Alacante

Publicado o 17/09/2021 08:18
Denuncian o piloto dun autoxiro por circular por unha estrada de Alacante

Un pequeno vehículo aéreo, semellante a un helicóptero, circulou por unha estrada comarcal de Alacante. Quedou sen combustible á metade do camiño entre os aeródromos de Córdoba e Alacante e o piloto non tivo outra opción máis que facer unha aterraxe de emerxencia para recargar nunha gasolineira. Unha vez identificado o vehículo, os axentes localizaron o piloto, un home de 38 anos, que foi denunciado por cometer dúas infraccións de tráfico e unha contra o tráfico aéreo. O voo do autoxiro estaba planeado para enlazar os aeródromos de Córdoba e Alacante, separados por uns 450 quilómetros en liña recta

Noticias web

17/09/2021