CRTVG

Buscar

Denuncian o ministro do Interior ante o Supremo por suposto encubrimento

Publicado o 17/06/2020 14:12
Denuncian o ministro do Interior ante o Supremo por suposto encubrimento

Primeira denuncia no Tribunal Supremo para que investigue o ministro do Interior por un presunto delito de encubrimento.

O suposto delito cometido por Fernando Grande-Marlaska consistiría, segundo o texto da denuncia, en mentir publicamente sobre o motivo da destitución do coronel da Garda Civil Diego Pérez de los Cobos.

A querela presentada no alto tribunal sostén que o ministro do Interior encubriu coa súa explicación no Congreso, polo menos, dous delitos cometidos polos seus subordinados.

Noticias web

17/06/2020