CRTVG

Buscar

Denuncian o mal estado de varios animais en Tomiño

Publicado o 19/04/2019 21:57

 

A protectora do Val Miñor, Bai.Senpulgas, denuncia o estado de abandono en que se encontran varios animais nunha casa de Tomiño. Aseguran que están sen auga e sen comida, e que levan varios días atados e pechados sen ver a luz. Xa puxeron o caso en coñecemento do Seprona, que intenta localizar o dono.

Voluntarios da protectora Bai.senpulgas mobilizáronse para recuperar os animais que se encontran, segundo varias denuncias, en mal estado nunha casa de Tomiño. Preocúpanos especialmente os cans que están pechados neste caseto.

"Un tenreiro, que está delgado, hai cabras e ovellas, que tamén están un pouco feúchas. Pero sobre todo hai catro cans que están pechados entre merda, sen auga, sen comida, e creo que hai restos doutros animais aí podres. E cheira...", explica a presidenta da protectora Bai.senpulgas.

"Están atados nos predios con cadeas e sen luz, sobre os propios excrementos", engade unha das voluntarias.

Os voluntarios comprobaron o estado dos animais e temen que empeore. Por iso puxeron o caso en coñecemento do Seprona. 

"Non lles deixan auga nin comida... non teñen nada. Parece ser que de cando en vez alguén vén a botarlles auga. Pero pola situación de como sen ven os cans non creo que lles boten moito de comer" sosteñen os voluntarios. "Están cheos de pulgas, rascando seguido, teñen os seus nós. Non podemos ver se teñen microchips, se están vacinados, desparasitados... pero visto o visto, seguramente non"  

Piden poder acceder a eles para atendelos.

"Teñen unha vaca e un tenreiriño que teñen que ir para outro tipo de coidados e a canceira levar os cans ao veterinario e tratalos.

O Seprona xa estivo na zona e está intentando localizar o dono dos animais. 

Noticias web

19/04/2019