CRTVG

Buscar

Denuncian o estado de insalubridade dun inmoble do barrio coruñés dos Castros

Publicado o 03/12/2020 14:12

Ao barrio dos Castros, concretamente a este inmoble da avenida de Oza, chegaron novos inquilinos. "Aquí hai de todo: pombas, gaivotas, gatos... isto é un foco de infección", comenta un veciño.

Os veciños quéixanse pola sucidade, polos malos cheiros e polo ruído. "Fan moito ruído...". "Nós xa cubrimos a terraza con uralita, pero simplemente o cheiro é insoportable", engaden os veciños.

Din que o inmoble leva anos e anos deshabitado e que meses atrás intentaron ocupalo de xeito ilegal. "Aí viñeron uns okupas, pero despois viñeron tapialo...". "E leva abandonado unha morea de anos" "Deberían de facer algo: tiralo e construír, deixar o soar... Algo", din os veciños.

Desde a agrupación veciñal xa lle mandaron un requirimento ao Concello reclamando medidas urxentes.

Noticias web

03/12/2020