CRTVG

Buscar

Denuncian o estado de abandono da contorna da Fábrica da Luz, en Lugo

Publicado o 10/08/2018 14:08

A maleza invade a zona da fábrica da luz. A paralización das obras por temas burocráticos deixou a zona abandonada e os veciños reclaman a súa recuperación. Din que se trata dunha zona para xantar e bañarse que era moi bonita e concorrida e piden que se recupere.

En Lugo a zona da fábrica da luz, á beira do río Miño, presenta este aspecto. As cercas de arame impiden o acceso pero a zona tampouco vale xa para desfrutar dela. O concello mantén a idea de rehabilitar a fábrica pero o proxecto está inmerso nun bloqueo burocrático e xudicial e dende que pararon as obras a zona quedou abandonada e a maleza invádeo todo e dá unha mala imaxe do lugar.

Nestoutra zona un caneiro era cada verán a zona escollida por moitos para bañarse. Agora o paso está cortado pero hai quen quere acceder igualmente, retira o valado e atrévese a cruzar por aquí. Como o resto da zona, a ponte está totalmente abandonada, faltan moitos dos chanzos de madeira e é un perigo.

Máis adiante outra imaxe curiosa é esta. O catamarán da deputación está amarrado debido ao baixo nivel do río e algúns utilízano como punto de ocio particular. Os asiduos ao río sinalan que esta práctica é perigosa dado que para acceder ao catamarán hai que cruzar por unha zona con moitas correntes e piden que se limite o acceso á embarcación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018