CRTVG

Buscar

Denuncian o comercio de promesas do fútbol na provincia da Coruña

Publicado o 08/04/2019 16:15

A Federación Galega de Fútbol recibiu queixas de clubs de base da zona da Coruña, que denuncian que outras entidades tentan arrebatarlles xogadores xa nas categorías iniciais. A federación admite que é práctica normal e asegura que o único que pode facer é limitar o número de equipos por categoría e club.

Varios clubs da área coruñesa presentaron unha queixa ante a Federación Galega de Fútbol ante o que consideran unha práctica censurable doutras entidades ás que acusan de arrebatarlles xogadores desde as categorías iniciais, nenos de oito anos de idade. Trátase de clubs cunha estrutura sólida que contan con ata cinco ou seis equipos na mesma categoría. Desde a federación alegan que pouco poden facer ao respecto.

A federación ten constancia de que esas prácticas existen e que non sentan ben nos clubs modestos. Con todo, alegan que a decisión é dos pais. Máis de 50.000 nenos e nenas menores de idade xogan nalgún equipo federado de fútbol en Galicia.










 

Noticias web

08/04/2019