CRTVG

Buscar

Denuncian catro persoas por non levaren a máscara nunha pelexa en Barbadás

Publicado o 18/01/2021 14:59

Son a imaxes da pelexa que esta fin de semana espertou a alarma entre os veciños da Valenzá. Tras un aviso dun particular, a Polía Local chegou enseguida para intervir.

O que empezou por unha discusión sen importancia acabou chegando ás mans e co mobiliario da terraza do bar polos aires. Os axentes da Policía Local din que notan máis tensión na rúa e esta non é a primeira liorta estes días.

Os veciños lamentan que aínda a estas alturas da pandemia haxa xente que non cumpre coas medidas e non levan a máscara.

As catro persoas denuciadas enfróntase agora a unha multa que vai desde 100 aos 300 euros por non levaren a máscara.

Noticias web

18/01/2021