CRTVG

Buscar

Denuncian a venda de drogas no barrio do Castrillón, na Coruña

Publicado o 01/11/2019 14:14

Os inmobles en ruínas do barrio do Castrillón son os que albergan os principais puntos de distribución e consumo de droga nesta zona da Coruña. Un problema que preocupa á venciñanza.

Desde a asociación aseguran estar en contacto permanente coa policía, que xa implementou as patrullas na zona para tentar paralizar os novos métodos de distribución de droga.

Ademais da presenza policial, insisten en que a erradicación do problema pasa polo peche dos inmobles en ruínas.

No 2018 a policía realizou 60 aprehensións de droga no barrio.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019